Cine África 4, 5 e 6 de Novembro de 2010, Segunda Mostra  Itinerante de Cine Africano en Galicia no Marco de Cinenómada

Cumprindo unha vez máis co obxectivo de achegar a realidade africana á poboación da provincia de Coruña e logo da realización de Cine África 2010 en Coruña e Santiago de Compostela con rotundo éxito e repercusión, dáse continuidade a esta iniciativa coa realización da II Mostra de Cine África en Ferrol, os días 17 e 18 de febreiro a partir das 20.00 hs.


Este evento cultural, é organizado unha vez máis pola Deputación da Coruña, coa colaboración de Casa África e Al Tarab, permite achegar aos cidadáns unha pequena mostra da realidade e cultura africana.


É a partir dos anos 20 da década pasada cando comezan a realizarse as primeiras producións cinematográficas, aínda que non pode falarse dun verdadeiro cine africano ata a década do 60, feito que coincide coa independencia da maioría dos países africanos -que en 2010 conmemorouse o 50º aniversario da independencia de 17 estados- e comezan a crear a partir de entón, un cine verdadeiramente propio marcado polos conflitos e desafíos que presenta no seu interior.


É asi como somos testemuñas de como esta industria creceu, desenvolveuse e madurou no tratamento dos complexos temas que enfronta o continente a unha velocidade estrepitosa, xa que desde a primeira película rodada por un africano en 1924, correu moita auga debaixo da ponte demostrando que mais alá dos retos que aínda ten por diante o cine africano, é unha mostra cultural que ensina e reflexa unha realidade que non nos resulta nin tan allea nin tan afastada, abrindo ante nós novas perspectivas e asimetrías baixo patrimonios culturais diferentes.