Novas de Cine África
Segunda Mostra Itinerante de Cinenómada en Galicia. Ferrol
Logo do éxito e repercusión de Cine Africa, II Mostra Itinerante de Cine africano, en A Coruña e Santiago, dende a Deputación da Coruña, o concello de Ferrol, Casa África e a Fundación Caixa Galicia, achégase Cine Africa a Ferrol, consolidando así esta actividade cultural que se ven realizando dende novembro de 2009.
Cine África chega a Santiago da man do Foro 2010
Cine África insírese nesta ocasión no marco da realización do Foro 2010, organizado polo Seminario Galego de Educación para a Paz que está a ter lugar en Santiago ao longo do mes de decembro. Os filmes poderán verse os días 14 e 15 de decembro as 20:30 h no Aula Sociocultural Caixa Galicia, Carreira do Conde 18, coa entrada libre e de balde ata completar aforo.
Entrevista a Malam Saguirou
Entrevista realizada durante a proxección do seu documental.
Ante todo, debo dicir que teño unha fascinación co tempo. Para min o tempo é a manifestación máis perfecta da transcendencia. Co tempo, o mundo fai e desfaise. As cousas evolucionan e cambian e isto é para min un ángulo de visión no que me podo permitir unha observación nunha contorna determinada.
Cine África regresa á Coruña
A Deputación da Coruña e Casa África volven a colaborar nunha iniciativa que conta con proxeccións, Cine Fórum e este ano coma especial novidade coa presenza do Director nixerino Malam Saguirou que o sábado presenta o seu filme La Roube du temps
Cine África achégase a Riveira
Mozas e mozos do ensino secundario e público en xeral, poderán abrir unha xanela ao veciño continente a traveso das olladas diversas de directores coma a luminosa de Ntshavheni Wa Luruli ou a directa e crítica de Kal Touré. Será o luns 21 e o martes 22 de xuño no Auditorio Municipal na Praza dos Mariñeiros, en horario de mañán.
Chimamanda Adichie: The danger of a single story
A consecuencia da `historia única´ é que rouba ás persoas a súa dignidade...enfatiza a diferenza, non o vínculo, o similar, o que nos poida unir. A escritora nixeriana reflexiona sobre coma a comunicación cultural, o coñecemento diverso dos outros é imprescindible para superar estereotipos, tan arraigados no caso da visión occidental sobre África. Brillante e certeiro.
Cine África é recibida en Carballo no Pazo da Cultura.
O vindeiro luns dará comezo en Carballo a mostra de Cine Africano que ata o mércores acollerá o Pazo da Cultura. Deputación da Coruña e Casa África son organizadores da I Mostra itinerante de Cine Africano en Galicia, celebrada en novembro na sede da Fundación Caixa Galicia de A Coruña. Agora, coa colaboración do Concello de Carballo, poderá gozarse desta selección de filmes entre o luns 5 e o mércores 7 de abril.